viernes, 20 de junio de 2025

ÁRBORES NO CAMIÑO

Os nenos e nenas de 5ºA de EI  levan uns días frenéticos. É o que ten o mundo do famoseo.
Hai uns días, a curta, Árbores no Camiño, na que estiveron traballando con moita ilusión durante este curso resultou premiada. BRAVOOOOO!!!!
Todo comezou no mes de novembro, cando se apuntaron a Nós Tamén Creamos!, un programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, incluído dentro do Plan Proxecta, e que ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre os máis pequenos a través da creatividade e do uso das Tic. Máis en concreto, mediante a creación dunha curtometraxe de animación en galego.
Escolleron un conto dos moitos que lles propuxo a editorial OQO e a CREAAAAR!
Foron moitos meses de esforzo e traballo: adaptación do conto, creación de escenarios, rodaxe, banda sonora,  montaxe... pero mereceu a pena. Vaia se mereceu!!!


As súas mestras destacan que foi un proxecto apaixoante a través do cal os nenos e nenas puideron adentrarse no mundo do cine, aquel que se agocha tras as cámaras, para deixar voar a imaxinación e a creatividade. Ademais de fomentar o uso do galego entre os máis cativos, traballáronse valores como o compañeirismo, a solidariedade e o respecto cara os demais, sen esquecer a importancia de valorar e defender o noso patrimonio cultural, lingüístico e natural.


 1º premio da categoría 1
                        Tras a noticia, non pararon.

FEIRA EDUCATIVA

Levaron á feira educativa algúns dos escenarios da

curta.


RECEPCIÓN NO CONCELLO

Foron recibidos por Xosé Crespo no salón de plenos do concello. Alí, agasallaron ao alcalde cun retrato que lle fixeron naquel mesmo momento. Polo que temos entendido, fíxolle moita ilusión.


ESTREA
Estrearon a súa curta no Salón Teatro do Auditorio. E fixérono por todo o alto, como as grandes estrelas de Hollywood.
                                             
































 A PELÍCULA, COMO LLE CHAMAN OS NENOS E NENAS.



E por se era pouco, con canción incluida.



ENTREGA DE PREMIOS

Finalmente, desprazáronse ata Santiago de Compostela para recoller o galardón da man de José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. 






   




Este premio está xenial!!! pero o mellor premio non é o que che colgan arredor do pescozo nin o que che dan en forma de papel. O mellor premio é esta experiencia en si. Unha experiencia que, evidentemente, nos fixo mellorar como mestres pero sobre todo nos fixo medrar por dentro. Unha experiencia que agora que rematou levaremos na nosa mochila vaiamos onde vaiamos porque de seguro que deixará pegada na nosa memoria e, a pesar do paso do tempo, seguirá  latexando con forza no noso interior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

ÁRBORES NO CAMIÑO

Os nenos e nenas de 5ºA de EI  levan uns días frenéticos. É o que ten o mundo do famoseo. Hai uns días, a curta, Árbores no Camiño , na que...