Os nenos e nenas de 5ºA de EI levan uns días frenéticos. É o que ten o mundo do famoseo.
Hai
uns días, a curta, Árbores no Camiño, na que estiveron traballando con
moita ilusión durante este curso resultou premiada. BRAVOOOOO!!!!
Todo comezou no mes de novembro, cando se apuntaron a Nós Tamén Creamos!, un programa de
dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da
Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, incluído dentro do Plan Proxecta, e que ten como obxectivo
fomentar o uso do galego entre os máis pequenos a través da
creatividade e do uso das Tic. Máis en concreto, mediante a creación
dunha curtometraxe de animación en galego.
Escolleron un conto dos moitos que lles propuxo a editorial OQO e a CREAAAAR!
Foron moitos meses de esforzo e traballo: adaptación do conto, creación de escenarios, rodaxe, banda sonora, montaxe... pero mereceu a pena. Vaia se mereceu!!!
As súas mestras destacan que foi un proxecto
apaixoante a través do cal os nenos e nenas puideron adentrarse no mundo do
cine, aquel que se agocha tras as cámaras, para deixar voar a imaxinación e a
creatividade. Ademais de fomentar o uso do galego entre os máis cativos, traballáronse
valores como o compañeirismo, a solidariedade e o respecto cara os demais, sen
esquecer a importancia de valorar e defender o noso patrimonio cultural,
lingüístico e natural.
1º premio da categoría 1
Tras a noticia, non pararon.
FEIRA EDUCATIVA
Levaron á feira educativa algúns dos
escenarios da
curta.
RECEPCIÓN NO CONCELLO
Foron recibidos por Xosé Crespo no salón de plenos do concello. Alí, agasallaron ao alcalde cun retrato que lle fixeron naquel mesmo momento. Polo que temos entendido, fíxolle moita ilusión.
ESTREA
Estrearon a súa curta no Salón Teatro do Auditorio. E fixérono por todo o alto, como as grandes estrelas de Hollywood.
A PELÍCULA, COMO LLE CHAMAN OS NENOS E NENAS.
E por se era pouco, con canción incluida.
ENTREGA DE PREMIOS
Finalmente, desprazáronse ata Santiago de Compostela para recoller o galardón da man de José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
Este premio está xenial!!! pero o mellor premio non é o que che
colgan arredor do pescozo nin o que che dan en forma de papel. O mellor premio
é esta experiencia en si. Unha experiencia que, evidentemente, nos fixo
mellorar como mestres pero sobre todo nos fixo medrar por dentro. Unha
experiencia que agora que rematou levaremos na nosa mochila vaiamos onde
vaiamos porque de seguro que deixará pegada na nosa memoria e, a pesar do paso
do tempo, seguirá latexando con forza no
noso interior.